U. D. 1: CONTEXTUALIZACIÓN>Sistema de avaliación>Contidos actitudinais
 
CONTIDOS ACTITUDINAIS (20% DA NOTA)
 
O alumno ou alumna, ademais de axustarse ás actitudes definidas en cada unidade didáctica deberá axustarse con carácter xeral, ás que se describen a continuación:
 
Deberá ser RESPONSABLE na asistencia e puntualidade á clase, no mantemento e coidado das instalacións (non modificando o sistema informático, nin baixando programas, música ou cine sen autorización), na utilización das medidas de seguridade e hixiene e de protección do medio ambiente, traendo o material necesario para o normal desenvolvemento da clase e cos seus deberes como estudante..
  Deberá ser ORDENADO/A e PULCRO/A na entrega dos seus traballos, colocar as fundas ós ordenadores, apagar o ordenador e baixar os diferenciais, mantendo limpo en todo momento o seu entorno de traballo.
  Valorará a CONSTANCIA na aprendizaxe e prestará atención ás explicacións e indicacións da profesora.
  Amosará sempre unha actitude de COLABORACIÓN cando a situación o requira.
  Deberá ser AMABLE coas persoas que o/a rodean e amosar respecto polo traballo dos compañeiros e compañeiras.
  Valorará positivamente ter unha BOA PRESENCIA.
  TRABALLARÁ EN EQUIPO cos compañeiros e compañeiras nas tarefas que se propoñan en grupos.
  Amosará DISCRECIÓN en todo momento.
  Actitude correspondente á Unidade Didáctica
  Actitude correspondente á Unidade Didáctica
As actitudes descritas son as que se prevén para este técnico ou técnica en Comercio. Entre as actitudes que hai descritas máis as dúas que corresponderían por cada unidade didáctica forman un total de dez actitudes.
Valorarase cada unha das actitudes cun 0 puntos (se non se cumpre en algún dos seus termos) e cun 0,2 si se cumpren. Para alcanzar o aprobado neste contido, o alumno ou alumna debera alcanzar 1 punto.
Anotarase na ficha do alumno ou alumna as observacións ou cualificacións para cada un dos instrumentos utilizados para avaliar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Programación U.D.1Índice U.D.1Glosario U.D.1Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Apartado anterior