PARA DEBATER NA AULA:

Busca en Google "animación no punto de venda" e selecciona unha páxina que aporte información sobre dito concepto. Cada alumn@ informará da información atopada na aula e se establecerá un debate. Para iso, procede como se indica a continuación:

Acende o ordenador e fai dobre clic na icona de Internet que estará no escritorio de Windows
Abrirase o Explorador de Windows. No recadro enderezo escribe: http://www.google.es e pulsa intro
Cando apareza a páxina de Google selecciona a opción de "páginas de España" , facendo clic co cursor do rato enriba da viñeta correspondente. Escribe entre comiñas "animación del punto de venta" no recadro de busca, e pulsa a tecla INTRO.
Abrirase unha nova ventá cun listado de páxinas web que tratan sobre APV. Lee o resumo de cada unha delas e abre só a que che interese, facendo dobre clic sobre a mesma. Lee o seu contido e ai un resumo para poder expoñelo na aula, si este é moi longo.
Para gardala, fai clic no menú de favoritos e pulsa o botón aceptar.

Pon un exemplo, dalgunha continxencia que poderías afrontar no punto de venda.

¿Como actuarías no caso de que un superior ou superiora te indicase colocar no andel un produto que ten marcado un prezo diferente ó que figura no catálogo de promoción, correspondente a esa data?

PARA RESOLVER INDIVIDUALMENTE E ENTREGAR Ó PROFESOR OU PROFESORA:

Resolve os seguinte exercicios e entrégaos por escrito no prazo marcado polo profesor ou profesora

 

Programación U.D.1Índice U.D. 1Glosario U.D.1Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadasApartado anterior