U. D. 1: CONTEXTUALIZACIÓN>Metodoloxía
 
¿Que persigue a metodoloxía activa?
Que sexas capaz de dispoñer de pensamentos autónomos.
Que sexas máis activo ou activa no traballo.
Que adquiras maiores responsabilidades.
Que saibas buscar, seleccionar e clasificar información.
Que adquiras coñecementos adecuados para a vida profesional.
Que desenvolvas actitudes válidas para acomodarse aos contornos de traballo cambiantes.
¿En que consiste a metodoloxía activa?

En aplicar métodos de exposición audiovisuais que permitan a interacción do alumnado e o debate na aula, para centrar ó alumnado no tema.

En propoñer actividades por grupo, que promovan a curiosidade e faciliten a investigación e a reflexión, utilizando as consultas de revistas, prensa, bibliografía especializada e Internet, entre outras, ou visitando os establecementos comerciais do entorno.

En realización de experiencias prácticas na aula ou no centro de forma individualizada ou en grupo.

O rol que desempeñará o profesor ou profesora será o de Coordinador ou Coordinadora das actividades de formación, prestando o seu apoio na orientación e busca de información

Programación U.D.1Índice U.D.1Glosario U.D.1Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Apartado anterior