U. D. 9: CARTELÍSTICA > DESEÑO DO CARTEL > Recomendacións xerais
O cartel está feito para chamar a atención das persoas "mentres están en movemento". Calquera outro medio de comunicación como un catálogo, revista, folleto... están deseñados para que a clientela poda lelos sentada e con atención. Un cartel debe chamar a atención inmediatamente e debe provocar unha reacción na clientela. Os carteis, son empregados, entre outros usos, para promover un servizo, vender un produto, ou desenvolver unha actitude.
Dados os argumentos anteriores, os carteis deben reunir tres calidades para ser eficaces:
Debe ser informativo: amosando aspectos concretos ou calidades do produto ou servizos que sirvan para espertar o interese da clientela.
Debe ser Breve: as mensaxes longas non chaman a atención das persoas. No cartel amósase só as palabras imprescindibles para que se entenda a mensaxe. Se o combinamos con imaxes, a mensaxe será moito máis curta. Isto fai referencia ó dito "vale máis unha imaxe que mil palabras".
Debe ser impactante: A utilización de textos agresivos, "con gancho", supón un atractivo para @ consumidor/a.
Programación UD9Índice UD9Glosario UD9Esquema UD9Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver