U. D. 9: CARTELÍSTICA > CLASIFICACIÓN DOS CARTEIS > Prezo
Informan sobre o prezo dun produto en concreto e ten que estar sempre actualizado. Cando un cartel de prezo non está correcto, por non estar actualizado, o produto hai que vendelo segundo marca o cartel. Cando o prezo marcado é inferior ó real prodúcese unha perda e, se non se vende segundo o que marca o cartel, córrese o risco de perder a venda e @ client@.
Sobre os prezos aplícase as diversas investigacións que se fixeron sobre a psicoloxía d@s consumidor@s: A rotulación dun prezo nun cartel debe destacar por enriba do resto da información, o que fai parecer que o produto se vende máis barato. Os prezos rematados en 5 ou 9 son percibidos pol@s consumidor@s como máis baratos.
Temporalidade: Neste caso a temporalidade depende da política de prezos que marque a empresa e o mercado. En todo caso, son carteis que hai que actualizar con bastante frecuencia.
Utilidade: Dan información sobre o prezo do produto. Clasifícanse en:
 
Informativos: Levan impreso o nome do produto e o seu prezo.
 
Abaratadores: Chámanse así porque inclúe a palabra “só”, que engade a idea de menor prezo.
 
De uxencia: Á palabra "só, engádeselle "hoxe", é dicir, o cartel di"só hoxe". A sensación que produce n@ consumidor/a é de que si non merca o produto "hoxe", perde a oportunidade, porque mañá estará máis caro.
 
Aforro: É un cartel que leva o prezo habitual ó que se vende o produto tachado, e a continuación o de oferta en tamaño moito máis grande. Fai crer ó consumidor ou á consumidora que se aforrou a diferenza que hai entre un e outro prezo, polo que seguramente, ademais da satisfacción de crerse un bon comprador ou unha boa compradora, levará varias unidades do produto.

Colocación: Colócanse cerca do produto, enriba do produto (caso do peixe, carne, chacinería...) e nas cabeceiras de góndolas.

Tamaño da letra: Varía dependendo da súa colocación. Os que están sobre os produtos poden ter 3 cm. Os que están nas cabeceiras de góndola o prezo debe ocupar, polo menos, 2/3 partes do papel, para dar sensación de produto barato.
Materiais: Dada a súa temporalidade o material que se utiliza nos carteis de prezo, é o papel, aínda que os hai de plástico para colocar enriba dos produtos. Como xa se veu no tema anterior de rotulación, poden ser rotulados a man ou utilizando as novas tecnoloxías.
Formas: Normalmente son rectangulares, pero poden adoptar formas redondeadas, ovaladas, triangulares, en forma de frecha, etc.
Programación UD9Índice UD9Glosario UD9Esquema UD9Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver