U. D. 7: ETIQUETAXE > LEXILACIÓN > Definición e utilización idioma galego no etiquetado e publicidade bens > Normativas Unión Europea > Trazabilidade
A trazabilidade (é dicir, detallar as fases polas que pasa un produto dende a súa orixe ata o punto de venda) é obrigatoria dende o 1 de xaneiro do ano 2005 para todas as empresas do sector alimentario.
@ consumidor/a é cada vez máis esixente e desexa elixir o mellor, por esta razón é importantísimo coñecer a procedencia, as características e as condicións dos alimentos e, en especial, dos produtos da pesca e da acuicultura, tanto frescos como refrixerados ou cocidos.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación creou un distintivo especial para estes produtos: unha etiqueta na que se informa de todos os dados acerca da orixe, frescura, calibre, a forma de obtención e o tratamento. A mellor garantía para asegurarse da calidade e frescura do peixe.
1
Nome comercial
2
Procedencia do produto
3
Tamaño da peza en función da súa talla e o seu peso (nunha escala do 1 ó 5 segundo o tipo de peixe)
4
O estado de frescura divídese en tres categorías: E (Extra), A e B
5
Está relacionada coa categoría da frescura
6
Existen 2 formas de obtención do peixe: Extractiva (pesca no medio natural) ou Acuicultura (criado en granxas e piscifactorías)
7 Modo de presentación:
  Eviscerado (evs)
  Fileteado (fl)
  Con cabeza (cc)
  Sen cabeza (sc)
 

Cocido (cc)

  Outro tipo de preparación
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas