U. D. 7: ETIQUETAXE > TIPOS DE ETIQUETAS
No mercado podemos atopar todo tipo de etiquetas. O tipo de etiquetas elixiranse en función das características do produto, o uso que se lle vai dar a etiqueta, a facilidade de manexo e a rendibilidade.
AUTOADHESIVA
Etiqueta á que lle foi aplicada previamente unha capa de adhesivo que só require presión para adherirse a un paquete ou produto.
DESPREGABLE
Tipo de etiqueta de quita e pon dobrada sobre si mesma que se atopa a miúdo en botellas e se utiliza para promover o produto.
ENVOLVENTE
Etiqueta que rodea completamente o corpo dun envase salvo o fondo e a parte superior.
FRONTAL
Etiqueta que cubre parcialmente o envase, normalmente a súa cara frontal.
INFORMATIVA
Etiqueta que da información sobre o produto como: composición, instrucións de uso e as características especiais do produto. A información debe ser concreta, clara, obxectiva e completa.
INTELIXENTE
Etiqueta electrónica que, adherida a cada produto vai substituír nun futuro inmediato ó código de barras, calculando entre outras utilidades de xeito automática o importe da compra sen necesidade de extraer os produtos do carriño e sen pasalos pola caixa rexistradora.
REMOVIBLE
Etiqueta adhesiva colocada sobre unha superficie igualmente adhesiva, de tal xeito que a etiqueta pode ser retirada sen danar o envase.
RETRACTABLE
Funda termoretractable empregada para envolver envases.
TERMOPLÁSTICA
Etiqueta de papel ou outro material, cuberta por unha das súas caras cunha capa de material de activación térmica, xeralmente resina termoplástica, moi difícil de despegar unha vez efectuada a súa aplicación.
TRANSPARENTE
Etiqueta autoadhesiva transparente cun deseño decorativo impreso nela.
TRASEIRA
Etiqueta situada na parte do contedor oposta á etiqueta dianteira. Normalmente leva as instrucións de uso do contido do envase.
ETIQUETADO EN SECO
Método de etiquetado baseado nunhas etiquetas previamente encoladas autoadhesivas ou sensibles ó calor.
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas