U. D. 7: CODIFICACIÓN > RADICACIÓN, USO e CALCULO DÍXITO DE CONTROL
Radicación do código EAN:
Sempre debe estar nunha cara plana do envase do produto, verificando que non exista ningún pregue que poda recubrir, total ou parcialmente, o código. Outro aspecto importante a ter en conta á hora de radicar o código é, intentar situalo de xeito que as barras do símbolo estean paralelas ó sentido da dirección de impresión. Por último recomendar, que nos envases cilíndricos as barras do símbolo vaian colocadas paralelas á base do produto
Ubicación del Símbolo EAN 13:
 
O símbolo EAN debe imprimirse sobre a base do deseño natural do produto. A "base do deseño " é a base suxerída pola forma do envase e o seu grafismo.
Ubicación del Símbolo ITF-14
 
A radicación debe realizarse nos catro laterais da unidade de expedición. Si iso non fora posible, é aconsellable a impresión nos dous lados contiguos. Si só fora posible a impresión nunha cara, é aconsellable ter en conta as condicións de lectura da cinta transportadora e o amolamento no palet á hora de elixir a cara a imprimir.
Uso correcto do código de barras:
Hoxe en día a cultura empresarial asumiu case á perfección todo o entorno do código de barras EAN. Son moi poucas as empresas que non coñecen a necesidade de codificar os seus artigos. O principio fundamental, é que todo produto novo debe levar un código novo, pero as veces entran dúbidas, como no caso das promocións.
@ fabricant@ é quen debe, dende a orixe, codificar a unidade de consumo pero, ó mesmo tempo é usuario, xa que os escanares do punto de venda van ofrecerlle información sobre a saída do seu produto e do éxito da súa promoción.
O comercio polo miúdo usa eses mesmos datos para xestionar o seu negocio e desexa non ter confusións nin erros na codificación xa que complican ou impiden a planificación das accións (reaprovisionamento, deseños do lineal, cabeceiras de góndola, etc.). Tamén quere coñecer o éxito dos produtos que venden para sacarlle o máximo proveito. Pero isto leva implícita a dificultade de modificación dos ficheiros que hai nos ordenadores dos puntos de venda. Non tod@s @s comerciant@s ven esa necesidade, e comeza o "conflicto".
O código EAN 13 deberá cambiar cando:
 
O produto leva un agasallo engadido (obsequio dunha pequena cantidade do mesmo ou de distinto produto nun envase non comercializable), independentemente do prezo.
 
Rebaixas nos prezos: ofertas especiais con impresión dunha nova etiqueta (por exemplo: cando unha parte do fabricante se ofrece a un prezo inferior ó habitual; na bonificación ó consumidor do tipo 2x3, venda por lotes, etc.).
 
Cando a promoción ten diferente volume ou peso da unidade estándar.
Cálculo do díxito de control do código EAN:
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas