U. D. 7: CODIFICACIÓN > SISTEMA RFDI
O que foi revolucionario código de barras ten os seus días contados. Será substituído por un chip identificador que, ademais axiliza todo tipo de operacións loxísticas e comerciais. A principal característica deste chip é a identificación por radiofrecuencia (RFDI). Esta tecnoloxía foi utilizada na 2ª guerra mundial para localizar aos barcos inimigos, logo foise perfeccionando ata o punto de conter toda a información necesario nun chip do tamaño dun gran de arroz.
Esquema do funcionamento do sistema RFDI:
Centro de distribución: Hipermercado:
Nesta tecnoloxía distínguense dous tipos de etiquetas: as activas e as pasivas.
O etiquetado pasivo resulta máis barato, non dispón de enerxía propia, senón que responde cando un lector próximo lle envía as sinais. É o máis apropiado para os pequenos produtos. Unha vez instalado o sistema @ client@ pasará por debaixo dun arco, que actuará de forma similar á utilizada nas peaxes das autopistas, e o prezo de compra será calculado inmediatamente.
O etiquetado activo dispón de enerxía propia e caracterízase por ser de longo alcance. É operativo nos grandes envíos, de características especiais como o mercado do gando ou o farmacéutico.
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas