U. D. 7: CODIFICACIÓN > I.S.S.N. e I.S.B.N.
I.S.S.N. (International Standard Serial Number/Número Internacional Normalizado de Publicacións Seriadas)

É un código numérico recoñecido internacionalmente para a identificación das publicacións seriadas (revistas, periódicos e fascículos).

O I.S.S.N. das publicacións seriadas, é o equivalente ó I.S.B.N. para os libros.

Consta de oito cifras (a última delas é un díxito de control) e non incorpora ningún outro significado máis que a identificación da publicación seriada: consta do prefixo 977, que é internacional e non contén datos da editorial.
Os ISSN son directamente asignados polo Centro Nacional ISSN do país de publicación.
O ISSN está indisolublemente asociado ó título da publicación e un cambio no título implica sempre un cambio do ISSN. Mentres o título non sufra cambios ou variacións o ISSN mantense e debe imprimirse en cada fascículo ou volume da publicación; si o título cambia (aínda que sexa minimamente) é necesario solicitar un novo ISSN e non se debe seguir utilizando o anterior. Xunto o código de barras leva un engadido de menor dimensións (de 2 a 5 díxitos) que ten como misión establecer o número de publicación periódica (revista ou diario), o número de edición, etc., ademais de facilitar as operacións comerciais de devolución de exemplares non vendidos diferenciando a que período (mes, quincena) corresponde. Busca información en Internet sobre o I.S.S.N. para ampliar dados.
I.S.B.N. (International standard book number/Número Internacional Estandard de Libro)
É o número que identifica un libro e debe insertarse nas obras destinadas a súa publicación.
Levarán impreso o ISBN toda clase de libros e folletos, incluídas as separatas, xunto coas siglas correspondentes ao Depósito Legal. A Axencia Española do I.S.B.N., será a encargada de desenvolver o sistema ISBN no noso país.
O deber de obter o número ISBN recae sobre @ editor/a. Neste sentido, @s editor@ s facilitarán as imprentas tanto o número ISBN como o nome completo d@ autor/a que corresponda a cada obra.
O número ISBN contén información sobre o libro que identifica, consta de 10 díxitos, agrupados en 4 bloques, debendo ir sempre precedido polas siglas ISBN cando sexa obxecto de impresión.
No mesmo código de barras, os libros están identificados a nivel internacional cos prefixos 978 e 979, seguidos o ISBN.
Programación Aula UD7Índice UD7Glosario UD7Esquema UD7Actividades apoioActividades recuperaciónActividades avanzadas