U. D. 4: IMPLANTACIÓN SALA DE VENDAS > Seguridade e Hixiene > Valores mínimos iluminación
 
NORMAS XERAIS SOBRE SEGURIDADE E HIXIENE
A iluminación da zona de traballo pode ser: XENERAL (lámpadas de teito ou parede e claraboias que teñen por obxecto proporcionar unha cantidade de luz xeral uniforme, independentemente dos postos de traballo) e LOCALIZADA (que se aplica cando o traballo o require, independentemente da iluminación xeral).
 
Valores mínimos de iluminación establecidos na ordenanza xeral de seguridade e hixiene para os distintos tipos de traballos:
LUX
TIPO DE TRABALLO
     
1.000
Xoiería, Reloxería e Imprenta
500 a 1.000
Ebanistería
300
Oficina, bancos de taller
200
Industrias conserveiras e Carpinterías metálicas
100

Salas de máquinas e caldeiras, Depósitos e almacéns

50
Manipulación de mercadorías
20
Patios, galerías e lugares de paso
         
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas