U. D. 4: IMPLANTACIÓN SALA DE VENDAS > Seguridade e Hixiene> Primeiros auxilios e equipos traballo
 
NORMAS XERAIS SOBRE SEGURIDADE E HIXIENE
 
Primeiros auxilios
O primeiro paso é PROTEXER o lugar dos feitos, asegurándose que @ accidentad@ e a persoa que @ asiste están fora de perigo.
O segundo paso será ALERTAR AOS SERVIZOS DE SOCORRO (médico, ambulancia, Mutua)
O terceiro paso será SOCORRER Á ou ÁS VÍCTIMAS, permanecendo con elas, tranquilizando e comprobando as súas sinais vitais. Deixar @ ferid@ acostad@ mentres non se produce a evacuación cara o hospital
Tranquilizar @ ferid@, dicíndolle que se lle vai curar e que vai quedar ben. Escoitar sempre ao enfermo ou enferma para orientarnos sobre onde pode estar a lesión.
Tratándose dun ou dunha client@ seguiremos as instrucións anteriores e, no caso necesario, chamaremos ó teléfono de emerxencia da Comunidade de Galiza.
Equipos de traballo
Equipos de traballo
Ferramentas de corte
 
Seleccionar a ferramenta correcta para o traballo a realizar.
Os coitelos irán provistos de moldura no seu mango, de xeito que eviten que a man poda deslizarse ata a folla de corte.
Manter as ferramentas en bo estado
Non se poden empregar coitelos que teñan os mangos estrelados, raxados, ou que teñan a súa folla e mango mal unidos.
Usar as ferramentas correctamente
Os coitelos espidos non deben transportarse nos petos da roupa de traballo senón nas caixas ou fundas.
Coñecer as instrucións de manexo
Non se pode deixar abandonados en lugares onde podan caerse ou tropezar con eles. Cando non se empreguen gardaranse coas follas protexidas.
Gardar as ferramentas en lugar seguro logo da súa utilización
Os coitelos deben ser afiados periodicamente
Revisar as ferramentas periodicamente e coñecer os perigos que supoñen.
 
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas