U. D. 4: IMPLANTACIÓN SALA DE VENDAS > Seguridade e Hixiene> Normativa básica e condicións mínimas de seguridade dunha sala de vendas
NORMAS XERAIS SOBRE SEGURIDADE E HIXIENE
Cando se implanta a sala de vendas é necesario coñecer e cumprir as normas de seguridade e hixiene vixentes, que teñen como obxectivo velar pola seguridade e hixiene d@s empregad@s e da clientela durante a súa estancia no punto de venda.
A normativa básica que regula a seguridade e hixiene nos locais públicos ven dada por:
A Lei 31/95, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais. Esta Lei ten un desenvolvemento regulamentario con aplicación aos puntos de venda que se contempla nos seguintes Reais Decretos:
  485/1997 de Sinalización de Seguridade e Saúde no Traballo
    486/1997 sobre Lugares de Traballo
    487/1997 sobre Manipulación Manual de cargas
    1215/1997 sobre Utilización de Equipos de Traballo
    773/1997 sobre Utilización de Equipos de Protección Individual.
A ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo, abolida en parte pola Lei anterior.
As ordenanzas laborais regulan as condicións de traballo por sectores de actividade
Os regulamentos municipais aplicables por sectores de actividade
Condicións mínimas de seguridade que debe reunir unha sala de vendas:
O LOCAL: Terá como mínimo, 3 metros de altura, 2 metros cadrados e 10 metros cúbicos por cada empregad@. A superficie dos puntos de venda de alimentación non pode ser menor de 24 metros cadrados, en tendas especializadas, nin de 48 metros cadrados nas polivalentes.
A ESTRUCTURA DO EDIFICIO: Será firme e segura para evitar riscos de derrubamento.
PORTAS E SAÍDAS: Debe haber un número suficiente de portas e cunha anchura adecuada que permita evacuar as persoas do local con rapidez.
O CHAN: Debe constituír un todo homoxéneo chan e liso, de material consistente e non escorregadizo
CORREDORES: Deberán ter unha anchura adecuada ó tráfico de persoas que circulen por eles e as necesidades propias da actividade laboral desenvolvida.
AS ESCALEIRAS: A súa anchura será dun metro ou superior, deberán ter unha v aranda en cada lado aberto e pasamáns nos pechados. Nas zonas accesibles á clientela, os desniveis salvaranse con chambras ou chanzos.
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas