U. D. 4: IMPLANTACIÓN SALA DE VENDAS > Obxectivos implantación
Os obxectivos máis importantes que persegue a implantación da sala de vendas son:
Conseguir que a clientela realice o maior percorrido posible pola tenda, establecendo un traxecto de paso atractivo e cómodo que esperte os desexos de comprar. Existe unha máxima: ¡Canto maior sexa o percorrido do cliente ou clienta maior será a probabilidade de compra!
Colocar convenientemente o mobiliario para facer máis rendible cada metro cadrado de local evitando colocalo en lugares de acceso difícil.
Deixar espazo suficiente nos corredores, que sexan amplos, para non bloquear o paso da cllientela mentres se repón a mercadoría. A reposición da mercadoría é constante, a medida que os produtos vanse vendendo.
 
Colocar as seccións de venda con artigos pesados, cerca do almacén para facilitar a súa reposición.
Repartir os produtos que máis compra a clientela por toda a sala de vendas para equilibrar o seu poder de atracción e aumentar a venda de outros produtos menos comprados.
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas
S