U. D. 4: IMPLANTACIÓN SALA DE VENDAS > A sala de vendas
       

A sala de vendas é a parte máis importante do establecemento. É onde se recibe á clientela e onde esta vai mercar.

Recoméndase aplicar a maior parte do espazo (un 80% aproximadamente) da superficie do local.

     

Hai que ter en conta que a sala de vendas substitúe aos vendedores e vendedoras, sempre que se dispoña dunha boa implantación que permita exhibir a maior cantidade de produto, dun xeito fácil e agradable.

Na sala de vendas hai que asignar os espazos adecuados a cada elemento que a compoñen: seccións, lineais, corredores, iluminación, decoración, sinalización, etc.

         

A implantación da sala de vendas convén realizala sobre un plano. Nel planificarase a asignación de espazos para aproveitalos canto sexa posible.

Nas tendas franquiadas, a implantación da sala de venda, ven definida pol@ franquiador/a, previo estudo do local. O plano da implantación serve de guía para montar a tenda e forma parte do paquete da franquía.

       
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas
S