U. D. 4: ELECCIÓN DO MOBILIARIO > Normas
O mobiliario do punto de venda debe estar suxeito e ter en conta unha serie de normas básicas a cumprir:
CARGA
Hai que ter en conta o peso dos produtos. Si se colocan na parte superior do moble e estes son demasiado pesados poden perder o punto de equilibro e caerse.
ESTÉTICA
O moble forma parte da imaxe do punto de venda, do seu ambiente. Importante que conteña sistemas para identificar as existencias e as seccións ás que pertencen os artigos, así como o seu prezo.
CONTENCIÓN
O moble debe ter en conta a reposición dos artigos, sobre todo si o establecemento comercial utiliza sistema de libre servizo.
ELIMINACIÓN SINISTROS
Cando se elixe o mobiliario hai que ter en conta a seguridade en factores como arestas, descargas eléctricas, etc. para evitar lesións. Débese valorar a todo o público (nenos e nenas, persoas maiores, etc.) que poden acompañar ao comprador ou compradora.
DINAMIZACIÓN
Unha das cuestións importantes cando se elixe o mobiliario é ter en conta a súa mobilidade, para que permita modificar a súa colocación na sala de vendas, a súa forma dentro das distintas seccións e a súa altura.
ACCESIBIILIDADE O acceso aos produtos por parte da clientela debe ser un factor importante cando se elixe o mobiliario. Este debe resultar fácil.
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4Esquema UD4Actividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas