U. D. 4: A CIRCULACIÓN DA CLIENTELA > Velocidade de circulación

A velocidade de circulación vese influída directamente polos elementos que poden intervir no deseño do Itinerario dun establecemento como poden ser:

 
Os corredores
 
Os funís
 
A información
Os corredores deben permitir un fácil acceso ás distintas seccións do PV.
Cando un corredor por onde circula un ou unha cliente faise máis estreito, convertese nun funil.
Como se comentaba antes, no apartado de Itinerario, a información é fundamental.
Deben facilitar o acceso pero non deben ser demasiado anchos, porque diminúen metros de lineal.
Isto soe ocorrer no espazo onde están as seccións de venda tradicional, onde se acumula a clientela esperando a ser atendida.
As seccións, e os produtos teñen que estar perfectamente sinalizados, si se quere que a velocidade de circulación sexa a adecuada.
Si son demasiado estreitos, a circulación volverase incómoda e ralentizarase a velocidade de circulación.
Outro lugar habitual de funís son as caixas de saída. É dicir, calquera punto que poda dar lugar a aglomeracións.
 
Polo tanto, os corredores deberán ter un tamaño óptimo. Pero este tamaño óptimo vai depender do tamaño do establecemento, da sección ou do tipo de produto (alimentación, mobles, etc.) e de como se realiza a compra por parte da clientela (sen levar nada, cesta, carro de compras).
 
 
Pódese poñer por exemplo, que nun libre servizo onde se fagan as compras con carriño, a amplitude adecuada do corredor debería acercarse á suma de dous carriños, se é un establecemento pequeno e de tres si é unha gran superficie.
   
A lonxitude hai que tela en conta, porque a maior lonxitude maior itinerario, pero maior dificultade para cambiar de sección para a clientela.
       
Programación UD4Índice UD4Glosario UD4Esquema UD4Actividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas