U. D. 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > RADICACIÓN > Ubicación e competencia

A competencia é outro factor a ter en conta cando se trata de buscar un lugar adecuado para abrir un negocio.

Nalgúns casos, a proximidade de competidor@s poder ser positiva e noutros pode resultar negativa.

 

Pode ser negativa, si por exemplo nun Centro Comercial dun pequeno barrio dunha cidade pequena se implantaran dous autoservizos de alimentación. Seguramente que non sobreviría ningún dos dous, porque a demanda veríase cuberta suficientemente cun só. De feito, si facedes unha reflexión sobre os centros comerciais que coñecedes, chegaredes á conclusión de que en todos só existe un autoservizo dedicado a alimentación.

É positiva, cando o consumidor ou consumidora pode atopar un surtido moi variado, que satisfaga as necesidades de toda a familia. Cando existen varios establecementos comerciais concentrados nunha determinada zona ou rúa comercial, dedicados a venda de roupa, por exemplo, pero cada un deles cubre un segmento diferente de idade, gustos, actividades, etc. da poboación (roupa para nenos e nenas, roupa para mozos e mozas, roupa para mulleres e homes, roupa de marca, de deportes, roupa de luxo para homes e mulleres, etc.). Nese caso estase potenciando que @s consumidor@s acudan a mercar.

       
Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades ampliacion Volver
S