U. D. 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > RADICACIÓN >Centros comerciais- A TOXA
     

Este Centro Comercial "La Aldea", situado na illa da Toxa, está formado por un conxunto de establecementos comerciais independentes, planificados e desenvolvidos por unha entidade con criterio de unidade, onde o tamaño, mestura comercial, servizos comúns e actividades complementarias están relacionadas co seu entorno (neste caso, un espazo radicado nunha zona turística, onde a súa potencial clientela é a que procede do turismo) dispón permanentemente dunha imaxe e unha xestión unitaria.

     

Son locais comerciais pequenos, moi especializados, a maioría en produtos típicos de Galiza e da Comarca (Camariñas, viños, licores, queixos, mel, cunchas e produtos relacionados co mar etc.). Abundan as tendas multimarca destinadas á venda de bixutería e complementos. Tendas delicatesen, decoración, roupa, pel, antigüidades, etc. O centro compleméntase con establecementos dedicados á hostalaría (bares e restaurantes), venda de revistas e periódicos e, na segunda planta con locais destinados a maioría deles, a oficinas.

Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver