U.D. Nº 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > ESPAZOS ESTABLECEMENTO > Portas de entrada e saída

O estudio realizado por Saint-Cricq e Bruel (Merchandising, Pirámide), pon de manifesto a importancia da posición e a orientación da porta de entrada dun establecemento comercial. Mediante o estudio ponse de releve que o itinerario dun consumidor ou consumidora será distinto dependendo da situación da porta de entrada.

Indican tamén que a súa situación inflúe na rendibilidade do establecemento.

Estas investigacións descubriron a tendencia do ser humano de ir cara ó fondo-dereita. Igualmente parece probado que as persoas levan o carro de compra coa man esquerda e collen os produtos coa man dereita.

A circulación periférica das persoas en sentido contrario ó das agullas do reloxo, propician a colocación da porta de entrada á dereita si desexamos un itinerario máis amplo da clientela polo punto de venda.

A situación das caixas nun autoservizo ven imposta pola radicación da porta de entrada. Si a porta se coloca á dereita do establecemento, as caixas irán á esquerda, e se, polo contrario, a porta ponse na parte esquerda, as caixas irán á dereita.

A entrada á dereita e as caixas á esquerda é a radiación máis utilizada na práctica e a máis recomendada.

Cando a porta ven integrada no local e non se pode variar a súa situación, pódese dirixir á entrada da clientela pola dereita, para que faga o percorrido ou o itinerario máis grande (ó revés das agullas do reloxo) utilizando técnicas de implantación de seccións que estudaremos noutra Unidade Didáctica.

Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver