U.D. Nº 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > ESPAZOS ESTABLECEMENTO > Oficina > Definición do "Protocolo de Vendas" do punto de venda
 

Dependendo do tipo de establecementos (sobre todo no caso dos establecementos con sistema de venda mixto), deberase actuar sobre o seu "Equipo de Retail" (Factor Humano) en cada unha das fases do procedemento de venda... Desenvolvendo un "Protocolo de vendas" que conteña indicacións respecto a:

Recepción e acollida do cliente ou clienta (saúdo e ofrecemento, sorrir e tratar de vostede, educación, respecto..., ter en conta a primeira impresión que recibe o cliente ou clienta, predisposición do consumidor ou consumidora..., etc.

Información sobre si a clienta ou cliente ven con ou sen idea clara do que quere... se busca, selecciona, se informa.. potenciación da "observación e escoita" ó cliente ou clienta. O empregado ou empregada debe estar preparada para asesorar "conducir" ó cliente ou clienta cara uns produtos en función dos gustos expresados. Debe indicar o nivel de involucración da dependenta ou dependente na venda (dependendo do sistema de venda pode ser alto ou baixo).

Procedemento de venda e "peche", Dependendo do tipo de establecemento e de surtido, a dependente ou dependenta "dirixirá ó consumidor ou consumidora" en función das necesidades que exprese, gustos... sobre como seleccionar o surtido, si é necesario (dependendo do tipo de surtido) levar ó cliente ou clienta ó probador; ofrecer diferentes alternativas; transmitir confianza e seguridade, crear "sintonía" coa clientela, pechar a venda (remate)....

Acompañamento e despedida, parte do protocolo que corresponde, sobre todo, a tendas de roupa de gama alta. É unha fase "amarga" da venda, porque acompañaremos á caixa ó cliente ou clienta e trataremos de "reforzar" a acción de venda cunha conversación... Tratar de deixar un Bo Recordatorio da experiencia de compra na tenda.

   
Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver