U.D. Nº 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > ESPAZOS ESTABLECEMENTO > Escaparate > Tamaño

O tamaño do escaparate debe gardar relación co establecemento. En xeral a altura non debe exceder os 3 m. A lonxitude é máis aleatoria e depende de factores moi diversos: posibilidades físicas do local, proporcionalidade, tipo de surtido, etc.

En canto á profundidade, debería ser o tipo de artigo quen marcara a pauta, posto que a relación entre continente e contido determina totalmente a percepción que temos dos obxectos.

A continuación expóñense unha serie de exemplos xenéricos sobre o tamaño dos escaparates:
Tipo de escaparate
tipo de tenda
Profundidade por altura e altura dende o chan
Lonxitude
Moi pechado
Xoierías, arte, libros
entre 45-95 cm de profundidade por 80 cm de alto. A tendencia en xoierías é a deseñar os escaparates moi pequenos. Altura chan 75-90 cm.
Pequenos
Pechado
Xoguetería, óptica, agasallo, ferraxería
entre 75-150 cm de profundidade por 210 cm. de alto. Altura chan 45--75 cm.
Segundo frontal
Intermedio
Xastraría, confección, cerámica, deportes, fogar
entre 100-250 cm de profundidade por 240 cm de altura. Altura chan 30-45 cm
Segundo frontal
Distante
Mobles, pavimentos, bicicletas, motos, coches
Toda a parte frontal do establecemento.
toda a tenda
Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver