U.D. Nº 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > ESPAZOS ESTABLECEMENTO > Iluminación
A iluminación é un dos aspectos máis importantes a ter en conta cando se deseña o espazo do escaparate, porque mediante a luz pódese intensificar unha imaxe, darlle vida e aumentar o seu atractivo.

Unha boa iluminación non significa instalar moitas lámpadas, senón conseguir que esta sirva para realzar os artigos que se expoñan.

O máis aconsellable é utilizar unha luz xeral máis ou menos difusa e varios puntos de luz dirixidos cara os elementos que se queren destacar.

Para seleccionar as distintas fontes de luz, débense tomar en consideración os seguintes factores:
Eficacia luminosa Custo e duración das lámpadas
Posibilidade de concentrar o fluxo luminoso Tempo de acendido e reacendido
Cor da luz Consumo
Actualmente existen no mercado unha ampla gama de aparatos luminosos: incandescentes, fluorescentes, incluso con efectos especiais. Profundizarase máis na U.D. de escaparatismo
Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver