U.D. Nº 3: IMPLANTACIÓN DO PUNTO DE VENDA > ESPAZOS ESTABLECEMENTO > Almacén
 

A decisión de onde montar o almacén é moi importante dentro da planificación organizativa dos espazos dun establecemento.

O principal consiste en poñer un almacén onde se faga o mínimo esforzo e tempo, no que respecta aos manexos e transporte internos do establecemento

Pero as veces hai que decidir, dependendo do tipo de local, que é máis importante, se o aforro do espazo ou o do tempo. Por exemplo, no caso do local que se describe. Neste caso primouse o tempo sobre o espazo, porque as portas (interior e exterior) están ben situadas, e non se molesta á clientela.

No establecemento de libre servizo, o almacén é unha zona que tende a reducirse á medida que avanza a tecnoloxía e a loxística.

A evolución experimentada nos sistemas de aprovisionamento permite que @s provedores/as estean en condicións de servir os pedidos cada vez máis rapidamente, servizo "just in time". Por este motivo, en xeral, @ comerciante resúltalle máis proveitoso chegar a acordos de subministros periódicos con Centrais de Compras, Cadeas de comercio polo xunto e Cooperativas, para evitar almacenar na tenda grandes cantidades de produto.

O espazo destinado ao almacén variará en función do tipo de negocio. Por exemplo, no caso que nos ocupa, o almacén será o suficientemente grande para dar cabida ao envío da colección de temporada, que permanece no mesmo, mentres non é colocada na sala de vendas. Nunha tenda de alimentación, dado que a recepción de mercadorías é diaria, pode ocupar un 15 ou 20% da superficie total. Noutras tendas especializadas en prendas de vestir o almacén é menor, porque a reposición é inmediata na sala de vendas. Nunha pescadoría o almacén sería a cámara frigorífica ou os acuarios para manter o marisco vivo.
O almacén debe ser un espazo ventilado e seco.
Os produtos almacenados deben estar colocados de forma segura, o máis pesado na parte inferior dos andeis para garantir a estabilidade. A colocación dos produtos farase de xeito que resulte fácil collelos
Debe cumprir as normas de seguridade en materia de: luces de emerxencia, portas de saída extintores contraincendios, etc. Si fora posible, convén dispoñer dunha porta traseira de descarga, como se pode ver no exemplo, para evitar molestias á clientela cando se recibe a mercadoría.
Programación UD3Índice UD3Glosario UD3Esquema UD3Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver