U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Libre servizo >Supermercados > Nota de prensa
         

 

Cento cincoenta tendas para 300.000 habitantes

Segundo datos da Cámara de Comercio de Vigo, no municipio están dados de alta un total de 150 tendas dedicadas a actividade (ente supermercados e minoristas), o que supón unha ratio de algo máis de 1.500 consumidor@s por establecemento.

 

Unha análise detellada da relación de establecementos revela que o 60% dos negocios seguen sendo pequenos e medianos comercios de orixe familiar.

 

 

Destacan tamén en número as cadeas de distribución, tanto locais como nacionais asentadas na cidade. Por número de establecementos, destaca o grupo Gadis, ó que pertencen enseñas como Gadis, Claudio, Haley, Ifa. Os supermercados Froiz suman un total de 18 establecementos abertos en Vigo. Síguenlle Familia, Eroski, El Árbol, Ecoama ou cadeas especializadas como Hiperxel que xa superou en Vigo os once establecementos á venda de conxelados.

A pesar da subida da cesta da compra, Vigo figura entre as cidades máis económicas.

O causante é o economato de Citröen que encabeza a clasificación dos establecementos de alimentación máis baratos de todo o Estado, segundo enquisa realizada pola OCU entre 938 supermercados de 52 cidades.

   
ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver