U. D. 2: DISTRIBUCIÓN > Definicións > Distribución> exemplos
Distribución do grupo Gadisa
 
1º) Fan unha esmerada investigación sobre os gustos, necesidades e servizos que demandan a clientela
2º) Pode realizarse un aprovisionamento óptimo dos produtos dada a gran superficie do seu almacén e a capacidade de negociación de Gadisa derivada da súa posición no mercado.
3º) A través de Pescamar e Mercaverde, compañías do grupo, encárganse de tratar os produtos perecedoiros: froitas, verduras, chacinería, lácteos, peixes e mariscos.
4º) A través da compañía de Transportes Piadela, cunha flota de 400 camións, abastecen a diario os puntos de venda propios, asegurando así a calidade dos produtos perecedoiros.
Distribución do leite Feiraco
1º) Recóllese ó leite nas explotacións gandeiras e se transporta ata a fábrica en camisións isotérmicos. Os intervalos da recollida van de 24 a 48 horas, cunha duración máxima de rutas de 3,5 horas.
 
2º) No momento da recollida do leite faise o control de calidade: control de tempertura, de acidez e de número de litros.
3º) Fanse con frecuencia controles de calidade na propia explotación gandeira, mediante a obtención de mostras de leite para a realización de análises químicas (graxa, proteína, lactosa, E.S.M.) e de calidade hixiénico-microbiolóxica (control de xermes, células somática, punto crioscópico e presencia de inhibidores), no laboratorio da fábrica (acreditado pola Consellería de Sanidade para a realización de autocontroles ou no laboratorio do L.I.G.A.L.
4º) Información individualizada, mediante boletíns mensuais aos gandeir@s productor@s da calidade do leite
5º) Servizo de mantemento dos tanques de refrixeración do leite e testeo dos equipos e instalación do ordeño nas explotacións gandeiras, para asegurar o seu correcto funcionamento
6º) Envasado do leite e distribución ó comercio polo xunto e comercio polo miúdo
Programación UD2Índice UD2Glosario UD2EsquemaActividades apoioActividades reforzoActividades Avanzadas Apartado definicións