U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > PLANIFICACIÓN > Man de obra e equipamento
 
MAN DE OBRA:
 
Persoa de fora
Persoa do establecemento
Exemplo
Si se contrata a un ou unha escaparatista, os honorarios que cobra será a partida que hai que anotar. Pódese abonar por escaparate realizado ou por un período. Neste último caso non se fixa o número de escaparates a realizar

Si a persoa que realiza o escaparate forma parte da planeilla do establecemento, non sendo esta a súa única dedicación, haberá que realizar un cálculo en función do tempo que dedica a esta tarefa. O seu cálculo é fácil de facer, como se ve no exemplo:

Si o nº de horas que ten que traballar @ empregad@ é de 1.820 horas ó ano, e o seu salario anual é de 11.830 €, cobra por hora 6,5 €. Si dedica a montaxe do escaparate 4 horas, a partida a dedicar pola man de obra será de 26 € máis a parte da Seguridade Social que paga a empresa.
 
EQUIPAMENTO:
 
Os materiais dos escaparates (grellas, manenquís, iluminación...) considéranse equipamento do establecemento, e como tal a súa imputación estará suxeita ás táboas de amortización correspondentes ás instalacións para establecementos comerciais, ata a súa obsolescencia (5 anos).

¿Como se calcularía esta partida?. Ver o seguinte exemplo:

Si os materiais instalados no escaparate custaron: 1000 € a instalación eléctrica, 400 € a grella do teito, 1.200 € o entarimado e 800 € dous manenquís, sumando as catro partidas, da un importe de 3.400 €. Dividindo esta cantidade entre 5 anos (obsolescencia), teríamos que destinar unha partida anual de 680 €. Si se fan 12 escaparates anuais, a partida a repercutir por cada escaparate sería de 56,66 €.

 
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver