U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > PLANIFICACIÓN.
 
A montaxe dun escaparate debe ser o resultado dun proceso analítico no que teñen que estar presente tres factores: Planificación, execución e comprobación.
 
PLANIFICACIÓN:
 
A improvisación na creación dos escaparates pode crear moitos riscos (falta de medios, escaso orzamento, etc.)
 

Para evitar a improvisación hai que planificar. A planificación dos escaparates dun establecemento debe ser anual, e polo menos, con catro ou seis meses de antelación porque hai que contar cos prazos para realizar os pedidos no caso de ser necesario a compra de material de ambientación. @s importador@s traballan con estes prazos para realizar os pedidos, así poden garantir o servizo con dous meses de antelación, o que permitirá modificar o plano, de ser necesario.

   
CRONOGRAMA:
 
A realización da planificación anual dos escaparates que se van realizar nun establecemento require da elaboración dun cronograma. Un cronograma é un cadro onde se recolle o seguinte:
   
ORZAMENTO:
 
Dentro do apartado de comunicación da mercadotecnia os apartados de publicidade, promoción, e outras accións de comunicación, teñen destinadas unha porcentaxe que normalmente se calcula sobre o volume de vendas. A cantidade que hai que destinar para a confección dos escaparates non é tan fácil de definir, porque o criterio a aplicar para calculala non está nada claro. O cálculo poderíase facer en función das vendas dos produtos expostos ou en función das vendas que se produzan no período que está o escaparate. O que si está claro, unha vez feito o cronograma, son as partidas que se poden imputar a cada escaparate (e que poden quedar reflectidas no cronograma, engadíndolles as columnas necesarias para cada unha delas):
   
 
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas