U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > PLANIFICACIÓN > Cronograma
O cronograma que se propón a continuación ten espazo calculado para a planificación de doce escaparates. Hai que lembrar, polo que se indicou en unidades anteriores, que é conveniente cambiar de escaparate polo menos unha vez ó mes. O axuste ou non a estes prazos é relativo, porque o tempo de duración dun escaparate dependerá tamén de onde estea situado o establecemento, o número de transeúntes que circulen, etc.