U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > PLANIFICACIÓN > Ambientación e mantemento
 
AMBIENTACIÓN:
 

A partida destinada a ambientación pódese suplir con enxeño e imaxinación, empregando como atrezo elementos da natureza ou materiais que estean ó alcance.

No caso de realizar algún investimento en material para ambientación, a partida a destinar a cada escaparate por este concepto sería o custo total do material dividido entre o número de escaparates realizados durante todo un ano.
Hai libros que explican como traballar o papel e o cartón en escaparates, a madeira decorativa, como traballar con flores secas, sobre aerografía, etc, que poden dar moitas ideas para que a ambientación do escaparates salga a custo moi baixo.
 
MANTEMENTO:
 
Refírese a limpeza, reparacións desperfectos e material eléctrico.

O cálculo para esta partida faise igual que para a man de obra. Depende de si se contrata obra de man externa a empresa, neste caso sería o importe da factura dividida entre o número de escaparates realizados ó ano ou de si a persoa encargada do seu mantemento forma parte da planeilla do establecemento. Neste último caso o cálculo do importe dependerá do tempo empregado e dedicado a esta actividade.

En canto ó importe da iluminación, estimarase unha cantidade anual que se imputará a cada escaparate, dependendo do número deles que se prevea realizar.

Partidas que se utilizan no pequeno comercio
Partidas que se utilizan nas grandes cadeas ou grupos

Man de obra, equipamento, ambientación

  Deseño, transporte, montaxe, Cánones
e mantemento.   Regalía, Desmontaxe e Almacenaxe
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver