U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > EXECUCIÓN > Factores técnicos da montaxe > Material
 
Como traballar co fío de nailon:
 
É un elemento indispensable xunto cos alfinetes para @ escapartista, xa que serve para colgar todo tipo de prendas.
Haino de diferentes grosores e cores. As súas grandes vantaxes son a resistencia e a transparencia.

Co nailon pódense colgar manenquís, soster posturas por si soas imposibles, dar tensión e dirección ás prendas, etc.

Á dereita hai unha vista de como se fai o nó dobre: Elabórase en dúas fases, na primeira faise o nó normal nun dos extremos do fío de nailon e na segunda procédese ó dobre nó de xeito que ó cabo anoado previamente quede atrapado no dobre nó ó tensar o nailon.

 
 
Principais usos do arame galvanizado:
Fai de estructura nas esculturas de pasta de papel
Utilízase para crear dinamismo e movemento nas prendas de roupa.
Crea volume en materiais brandos e en artigos fabricados con eles.
Á dereita ofrécese dous exemplos de traballo co arame galvanizado
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver