U. D. 16: EXECUCIÓN DO ESCAPARATE > EXECUCIÓN > Factores técnicos da montaxe
 
Na montaxe dun escaparate hai que ter en conta os seguintes factores técnicos:
     
Primeiro, desmontar o escaparate anterior.
Segundo, proceder á limpeza de todos os elementos estruturais: cristais, soportes, etc., así como ao cambio de todo o material deteriorado (lámpadas, moquetas, papel, etc.)
Terceiro: As operacións de montaxe poden realizarse á vista do público incrementando a súa curiosidade ou fora da súa vista, colocando unha tea ou papel no cristal por fora do escaparate, o que tamén incitará o seu interese pero neste caso polo oculto.
Cuarto: Colocar todo o necesario a un lado, nunca dentro do escaparate, intentando levar unha orde de colocación.
Quinto: Protexer con bolsas os zapatos ou usar calcetíns e guantes para non deixar pegadas
 
Sexto: É útil a utilización dun mandil curto con petos onde gardar as ferramentas que se vaian utilizar (martelo, alfinetes, grampadora, tesoiras...).
Sétimo: Comezarase coa colocación polo lado contrario ó do acceso ó escaparate, e se houbera que suxeitar algo no teito, será o que se faga primeiro.
Oitavo: A mercadoría que se vai expoñer ten que estar limpa e en perfectas condicións. No caso dos tecidos ou artigos de confección presentaranse pranchados.
Noveno: Dependendo do tipo de política comercial que leve o establecemento os produtos poderán ou non ser retirados do escaparate. Neste último caso hai que ter en conta que a mercadoría poda ser substituída por outra con facilidade.
Décimo: A iluminación hai que tela en conta antes de rematar, xa que o resultado final depende da luz elixida.
Undécimo: Para rematar, realizar unha revisión para non deixar nada fora do seu sitio: ferramentas, manchas, etc.
Programación aula UD16Índice UD16Glosario UD16Esquema UD16Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver