U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > A luz > Tipos > halóxenas
 
 
Fontes de Luz
Características
Exemplos
 
Haloxenas
Son lámpadas de gran calidade lumínica. Proporcionan unha luz branca diáfana e sen oscilacións.
A súa oferta cubre todo o surtido tradicional, incluso hai lámpadas alóxenas de aplicación similar ás incandescentes, parecidas ás de filamento pero coas calidades de luz propias da súa natureza: focos, reflectores e lámpadas tubulares similares, en canto a súa forma, aos fluorescentes e neons. Se lles pode incorporar un sistema para intensificar a luz chamado dicroico.
Permiten un alto rendemento a pouca potencia, o que supón menos gasto e unha duración media dez veces superior ás lámpadas tradicionais
O seu prezo é bastante superior ás das lámpadas incandescentes, pero o seu mantemento compensa este gasto, ademais de proporcionar unha luminosidade superior.
Un aspecto a ter en conta destas lámpadas é que o seu deseño é atractivo e permite montar instalacións moi simples con toda a montaxe á vista, dando unha imaxe de modernidade.
Na actualidade as haloxenas tenden a impoñerse en todos os escaparates de todo o mundo, ademais de outros aspectos, pola imaxen de calidade que transmiten.
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver