U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > A luz > Tipos
 

Neste apartado trátase de facer referencia a certas consideracións relativas ás instalacións e colocacións de luz, con base nas condicionantes que, sobre seguridade e máximo de prestacións, se supoñen son necesarios para a óptima utilización sen riscos da iluminación.

 
Antes de entrar nas cuestións técnicas é necesario indicar que existen dous tipos de luz polo que se refire a súa dispersión::
Luz dirixida: A que se orienta directamente sobre a zona ou obxecto concretos, creando un forte contraste de luz e sombra con acentuación dos volumes e relevos e cun efecto de intensifación da cor. Pode optarse polas lámpadas incandescentes (cando teñen filamento ), co engadido de pantallas ou reflectores que concentren a luz nun punto. O grao de concentración dependerá da pantalla.
Luz difusa: Presenta un contraste moi mitigado de luz e sombra, suavizando a intensidade das cores.
Ningunha delas é excluínte, de xeito que nun mesmo escaparate pódese xogar (e de feito é aconsellable), cunha luz xeral máis ou menos difusa e varios puntos de luz dirixibles e, a poder ser, móbiles.
 
TIPOS DE LÁMPADAS
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver