U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > A luz > Tipos > fluorescentes e mercurio
     
Fontes de Luz
Características
Exemplos

 

Fluorescentes

Actualmente a oferta de fluorescentes e neons é moi ampla, cunha gama de cor que chega ata o ultravioleta.

Os fluorescentes normais respectan bastante a calidade cromática dos obxectos e teñen a vantaxe de que practicamente non desprenden calor.

Proxectan unha luz azul, parecida a luz solar, moi uniforme que minimiza o contraste, pero o tipo de luz é débil. Producen unha atmosfera fría, aínda que pode corrixirse con fluorescentes lixeiramente coloreados.

Resultan máis caras, pero o custo de mantemento é barato.
 
Mercurio
Presentan bastantes inconvenientes, entre outros, porque emiten unha luz moi débil e esixen unha instalación independente da rede.
A súa luz é azul-verdosa, que interfire na cor dos produtos.
Son moi útiles para conseguir efectos especiais.
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver