U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > A cor > Cores primarias
 
Existen polo tanto, dous conceptos de cores primarias:
 
Cores aditivas (Cor-luz):
 
Como se indicaba antes, responden á luz que absorben as cores. As cores primarias aditivas combinadas xeran a cor branca, devolven a luz. O encarnado vivo, azul violeta e verde herba cando se combinan na mesma proporción dan como resultado a cor branca
       
Cores substractivas (Cor-pigmento):  

Responde á luz que reflicte as cores. As cores primarias substractivas combinadas xeran a cor negra e absorben toda a luz. Cando as cores primarias aditivas se superpoñen unhas sobre outras, tomadas de dous en dous e na mesma proporción, xéranse tons máis claros chamadas cores primarias subtrativas ou primarias tradicionais: amarela, cyan ou azul clara e magenta ou fucsia. A combinación destas tres cores dan unha cor parecida á negra.

Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver