U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > A cor

DEFINICIÓN: É o elemento que presenta a natureza e os obxectos creados polo home, dándonos a imaxe completa da realidade. Sen a luz o ollo humano é incapaz de percibir ou distinguir as cores.

A cor é un dos elementos que máis inflúe no comportamento d@ consumidor/a, ademais é un dos máis subxectivos, e está cargado de simbolismos, polo tanto xoga un papel moi importante en toda composición. Pódese distinguir a cor-luz e a cor-pigmento
 
A COR-LUZ: Refírese a aquelas ondas electromagnéticas que son capaces de estimular a retina humana provocando o fenómeno chamado "sensación luminosa" ou simplemente luz. Chámanse cores aditivas.

A COR-PIGMENTO: Son as sustancias que son capaces de absorber especificamente determinadas radiacións do espectro que compoñen a luz do verán ou luz solar. Chámanse cores subtractivas.

CORES PRIMARIAS: Existen dous conceptos de cores primarias si temos en conta as cores aditivas (Cor-luz) e as cores substrativas (Cor-pigmento).
CORES SECUNDARIAS: Obtéñense mesturando na mesma proporción e de dúas en dúas as cores primarias.
CORES COMPLEMENTARIAS: Chámanse cores complementarias aquelas que se complementa na composición cromática.

TINTE: É a propiedade da cor que da orixe ó seu nome: azul, amarela, encarnada, azul-verdosa, etc. É o nome mediante o que se distingue cada unha das cores do espectro, de todas as demais. A branca, a negra e todas as tonalidades intermedias entre ambas carecen da propiedade da tintura, xa que a branca é a suma de todas as reflexións de todas as tinturas posibles e a negra é a ausencia de toda reflexión.

 
SATURACIÓN: Unha cor está saturada cando ten a súa máxima forza ou pureza coa que aparece no espectro, é dicir, cando carece absolutamente de branco e negro.
 
LUMINOSIDADE: Chámase á capacidade específica de calquera cor, estea ou non saturada, de reflectir a luz branca que incide nela. A luminosidade dun pigmento varíase engadíndolle a cor negra. A cor negra quita luz á cor.
 
MODULACIÓN: Podemos modular unha cor variando a súa saturación ou a súa luminosidade, obtendo os matices.
 
ARMONÍA E CONTRASTE: Pódese facer unha composición, ordenando as cores, de dúas formas:
GAMA DAS CORES CÁLIDAS E FRÍAS: A calor e a frialdade das cores non depende das radiacións (algo físico) senón das sensacións sentidas polas persoas que as contemplan (psíquico).
DINÁMICA E EXPRESIVIDADE DAS CORES: Está comprobado que as cores producen sensacións de movemento...
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver