U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > A cor > Cores complementarias

Si observamos o círculo cromático que se ve a continuación, son as cores que estarían situadas diametralmente opostas, polo que a complementaria dunha primaria será unha secundaria (mestura, a partes iguais, de dúas cores primarias), e viceversa: a dunha secundaria será unha primaria. No caso das cores intermedias (mestura, a partes iguais, dunha cor primaria cunha secundaria), a complementaria será outra intermedia.

Para deducir as cores complementarias, pódese utilizar esta regra: A complementaria dunha cor secundaria, será unha primaria (que non interveu na mestura para a súa composición). Por exemplo: a complementaria da verde (secundaria), é a encarnada (primaria), esta última non interveu para formar a cor verde (amarela+azul). A complementaria da alaranxada (secundaria), é a azul (primaria), esta cor tampouco interveu na composición da cor alaranxada. Etc.

Cando dúas cores complementarias se mesturan tenden a facerse máis escuras, incluso a facerse negras si as partes son iguais. Para producir unha gama de grises azuladas, elixiremos a azul e a súa complementaria laranxa. Para crear unha negra, elixiremos a verde e a encarnada.
No caso deste círculo, vese perfectamente, que as cores secundarias, por exemplo a violeta, está creada da mestura, a partes iguais, das cores primarias azul e encarnada. As cores intermedias, por exemplo o violeta encarnado, está creada coa mestura, a partes iguais, da cor violeta (secundaria) e a cor encarnada (primaria).
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver