U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > A cor > Dinámica e expresividade das cores
 
Dinámica das cores (movemento):
Pódese observar como as cores claras e frías ensanchan e elevan mentres que as cores escuras e cálidas baixan, pesan e oprimen.
Por exemplo, a cor amarela tende a expandirse, a avanzar.
A cor encarnada é máis ben estática
A cor cyan indica profundidade e lexanía.
 
Expresividade das cores (sensacións). Podemos xeneralizar dicindo que:
A cor amarela é luz, esplendor, gloria, risa, interese, etc.
A cor laranxa é o resultado da mestura entre a encarnada e a amarela, é festa, pracer, aínda que tamén poder dar a sensación de perigo.

A encarnada, é a máis excitante das cores, é lume, paixón, acción, agresividade, amor, perigo.

A azul, é o descanso, a frialdade, a lexanía, a harmonía, etc.
A verde, resulta da mestura da amarela e a azul, é a cor da natureza, é frescura, xuventude, descanso, paz.
A violeta, nace da cor azul e a magenta, quere dicir calma, dignidade, tristura, misticismo, maxia.

A ocre escura (marrón), é a cor que resulta da mestura da amarela, encarnada e cyan , é cálida, cordial, representa a terra, a fortaleza, a resistencia, madurez.

A branca, é a luz, expresa inocencia, paz, infancia, bondade, limpeza.

A negra, é unha cor oposta a luz, indica tristura, dolo, morte, baleiro aínda que tamén produce sensacións como a seriedade, nobreza, etc.

A gris, produce indiferenza, pasado, vellez, aburrimento, etc.
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver