U.D. Nº 14 : TÉCNICAS DE ESCAPARATISMO > TÉCNICAS ESCAPARATISMO > A cor > Cor-luz
 

Isaac Newton conseguiu demostrar no ano 1666 que a luz solar, luz branca, é a suma das radiacións que constitúen o espectro solar: violeta, anil ou índigo, cyan, verde, amarela, alaranxada e encarnada. Para iso utilizou un prisma de cristal polo que fixo pasar o raio de luz branca. A este fenómeno se obtención de luz branca ou calquera outra cor chámaselle "síntese aditiva" (suma de radiacións).

Teoricamente pódese recompoñer a luz branca utilizando as cores das radiacións do espectro solar. Si se fai xirar un disco pintado coas cores do espectro, o disco parece branco, tal e como experimentou tamén Newton.
 
Podemos obter outras cores (cores subtractivas), si utilizamos só algunhas das radiacións: a encarnada, a verde e a violeta, dando lugar ás cores primarias das cores-pigmentos:
CYAN
Obtense esta cor cando se superpón a radiación violeta e a verde.
AMARELA
Obtense esta cor cando se superpón a radiación verde e a encarnada.
MAXENTA
Obtense esta cor cando se superpón a radiación encarnada e violeta.
 

superficie dos obxectos teñen a propiedade de rexeitar (reflectir) ou absorber toda ou parte destas radiacións luminosas. Cando a superficie dun corpo reflexa todas as radiacións, vemos o corpo branco. Cando absorbe algunhas e devolve outras vémolo, estas son as que percibe a nosa retina e vemos ó corpo dunha determinada cor. Cando absorbe todas as radiacións da luz branca, o noso ollo non percibe ningunha cor e vemos co corpo como se fora negro, por iso durante a noite en ausencia da luz, non se perciben as cores. Logo a cor non é algo que sexa propia inherente á natureza das cousas, senón que depende dun factor externo, neste caso da luz, para poder percibila.

 
Programación aula UD14Índice UD14Glosario UD14Esquema UD14Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver