U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > INTRODUCIÓN > CONCEPTO

A promoción pode ser entendida como un conxunto de técnicas comunicativas, realizadas por unha empresa ou institución, coa finalidade de fomentar a venda dun produto dunha forma directa e inmediata nun momento determinado.

Características da comunicación promocional:
É conxuntural, en tanto que se realiza só en determinados momentos e nuns prazos curtos.
É unha comunicación utilizada para captar a atención do público dun xeito rápido e directo.
É unha comunicación cun alto contido informativo que expresa o público as vantaxes e as características dun produto ou servizo.
É unha comunicación dotada dun estímulo preciso que supón unha chamada ó interese público.
É unha comunicación que reforza e complementa as actividades da venda persoal e da acción publicitaria.
É unha comunicación que produce uns beneficios específicos n@s consumidor@s, tanto de tipo económico como de tipo material.
Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver