U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > INSTRUMENTOS DE PROMOCIÓN > Venda en Oferta > Puntos, carné de client@ e degustacións.
 
 
Oferta
Concepto Vantaxes/inconvenientes Exemplos
Puntos
Consiste en ofrecer á clientela unha serie de puntos, segundo o importe da compra, que pode cambiar por agasallos. Por exemplo, as típicas vaixelas, xogos de café, etc. Ou na telefonía móbil, que agasallan con novos modelos por acumulación de puntos.

Ten a vantaxe de que consegue a fidelidade da clientela e atrae nova ó establecemento.

Carné de client@

A clientela dispón dun carné ou tarxeta, na que se lle van engadindo puntos. Eses puntos, dependendo da súa contía, pódense cambiar por distintos agasallos (viaxes, noites de en hoteis, entradas para parques temáticos, vídeos, libros, pequenos electrodomésticos, etc.).

É un instrumento habitual nas grandes cadeas de distribución, incluso coa participación de distintas empresas na mesma tarxeta, que incrementan os puntos si se mercan nelas. As empresas de distribución galegas de alimentación teñen tarxetas para conseguir a fidelidade da clientela..

Degustacións

Neste caso dáse a probar ou se agasalla con algún dos produtos que produce @ fabricant@ ou que comercializa o establecemento.

Ten como vantaxes que atrae nov@s consumidor@s e incrementa as compras por impulso.

Ten como inconvenientes o custo elevado da campaña, xa que necesita azafat@s que oferten o produto á clientela.

Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver