U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > INSTRUMENTOS DE PROMOCIÓN > Venda en Oferta > Produto adicional, mostras e agasallo directo
 
Oferta
Concepto Vantaxes/inconvenientes Exemplos
Produto adicional
Cando se ofrece máis do mesmo produto nun envase maior (15, 50%, etc.), polo mesmo prezo, o que equivale a unha redución directo do prezo.
Técnica utilizada por fabricantes de produtos de beleza e hixiene. Ten as vantaxes de que son recibidas pol@s consumidor@s favorablemente, consegue crear nov@s client@s e a fidelidade d@s que xa existen. Ten un custo elevado porque necesita fabricar novas envases. O maior tamaño das envases encarece os custos loxísticos (transporte, almacenamento). Non debe empregarse con frecuencia xa que reduce a credibilidade do prezo real e permanente.
Mostras
Agasállase cun produto que ten unha envase inferior ó tamaño normal para un só uso. Entréganse mediante diferentes medios: domicilio, punto de venda (adheridas a un produto complementario), encartes en prensa (caso dos sobres de cremas e colonias), etc.

É un instrumento adecuado para lanzar novos produtos ó mercado e moi válida para atraer nov@s comprador@s, axuda a incrementar as vendas de outros produtos complementarios.

Ten como inconvenientes o custo elevado, xa que é necesario deseñar e distribuír envases distintos ós habituais
Agasallo directo

Pode conseguirse mediante a compra dunha ou varias unidades de produto en promoción e está normalmente dentro da envase, adherido ó mesmo ou pode ser entregado na caixa de saída no momento do pagamento.

A diferenza do anterior, pode ser da mesma empresa ou de outra diferente

Limitacións Legais: Cando o agasallo vaia nas envases dos produtos, @ consumidor/a terá dereito ó agasallo, como mínimo, perante os tres meses seguintes á data na que finalice a promoción. Como regra xeral, cando os obsequios formen parte dunha colección, a empresa está obrigada a cambiar os produtos repetidos.

O éxito dependerá do agasallo, a maior valor, maior incremento das vendas. O custo dependerá do valor do agasallo
Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver