U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > INSTRUMENTOS DE PROMOCIÓN > Venda en Oferta > Recollida de produtos e oferta de devolución de diñeiro
 
 
Oferta
Concepto Vantaxes/inconvenientes Exemplos
Recollida de produtos
Consiste en marcar unha cantidade para un produto anterior ou parcialmente usado, que se desconta do prezo do novo produto, si @ client@ entrega o vello no momento da compra. Por exemplo, entregándoos cartuchos de tinta de impresora gastados, fan desconto nos novos
É un instrumento que utilizan os fabricantes, fundamentalmente. É eficaz para captar novos consumidores e consumidoras, pero ten o inconveniente de que @ fabricant@ necesita ter a colaboración d@ distribuid@r, que debe facerse cargo dos "produtos usados".
Oferta de devolución de diñeiro

A cambio dunha ou varias probas de compra devólvese unha parte ou a totalidade do importe da compra realizada. Existen varias modalidades:

  • Devolución dunha parte do importe do produto.
  • Devolución do importe total do produto
  • Primeira compra gratuíta: é unha oferta de reembolso do importe pagado pola primeira compra efectuada dun artigo. Utilízase para o lanzamento dun novo produto.
  • A fórmula "se non está satisfeit@, devolvémoslle o diñeiro": é unha oferta de desconto pola totalidade do valor do produto, xa que @ client@ pode solicitar o reembolso do importe pagado si o artigo non é do seu agrado.

Ten as vantaxes de que resulta un bo instrumento para lanzamento de novo produtos e para conseguir nov@s consumidor@s. Consegue a fidelidade da clientela. Non tod@s @s comprador@s solicitan o reembolso.

Ten como inconvenientes que @s distribuidor@s non aceptan con agrado este tipo de promoción porque lles crea problemas cos arqueos de caixa.

Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver