U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > INSTRUMENTOS DE PROMOCIÓN > Venda en Oferta > vale ou cupón desconto inmediato, vale desconto diferido e venda por lotes
 
 
Oferta
Concepto Vantaxes/inconvenientes Exemplos
Vale ou cupón desconto inmediato
O prezo do produto redúcese na contía fixada nun vale que @ consumidor/a entrega no punto de venda. Existen varias modalidades: Entrega do vale no establecemento, envío de vales por correo, entrega de vales a domicilio e inserción de vales nos periódicos e revistas.
É un medio utilizado polos fabricantes para introducir no mercado novos produtos. Ten como inconvenientes que necesita a colaboración d@ distribuidor/a, porque est@ ten que adiantar ó diñeiro do desconto, aínda que logo o recupere. É unha promoción moi longa en canto o tempo que transcorre dende que comeza ata que @ distribuidor/a envía os vales. Ten excesivo custo (redución prezo e envío vales). Non é adecuada para produtos que están no mercado.
Vale desconto diferido

A diferenza do anterior, este vale vai incorporado ó produto (na etiqueta ou no seu interior), polo que para poder ser utilizado é necesario adquirir previamente o artigo.

É un instrumento utilizado polos fabricantes para conseguir nov@s comprador@s e a fidelidade da clientela. Supón un custo reducido no seu lanzamento. Ten como inconvenientes o alto custo que supón a preparación da promoción, pois é necesario cambiar o etiquetado, modificar o código de barras, introducir o vale no interior, etc. O prazo de liquidación da promoción é longo.
Venda por lotes
Son conxuntos dun mesmo produto ou de varios diferentes ou complementarios, que se venden a un prezo inferior á suma dos prezos habituais dos artigos que forman o lote. Ten limitacións legais: Queda prohibido ofrecer conxuntamente dous ou máis artigos salvo que sexa habitual, se podan mercar por separado, exista unha relación fundamental ou por razóns estéticas ou para agasallo
Non supón risco para o fabricante, porque en caso de fracaso, pode romper o lote e vendelo de forma fraccionada. Incrementa as vendas de varios produtos. @ distribuidor/a colabora con gusto xa que é un medio para atraer á clientela e aumentar as vendas. Ten como inconveniente a escasa redución na marxe de beneficios.
Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver