U. D. 12: A PROMOCIÓN DE VENDAS > INSTRUMENTOS DE PROMOCIÓN > Venda en Oferta > Especial, tres por dous..., do tipo de...,
 
 
Oferta
Concepto Vantaxes/inconvenientes Exemplos
Especial
É a oferta normal, ponse a venda un stock dun ou varios produtos a un prezo máis baixo do normal.
É rápido e sinxelo de poñer en marcha, ten bos resultados, xa que incrementa as vendas a curto prazo. Pode utilizarse como instrumento de ataque contra a competencia. Ten os inconvenientes de que hai que calcular moi ben a demanda para dispoñer da cantidade adecuada, ademais de ter un elevado custo de lanzamento da promoción en publicidade.
Tres por dous...
Neste caso ofrécense tres unidades do mesmo produto polo prezo de dúas. As veces utilizan outras cantidades 4x3, 2x1, etc.
Incrementa as vendas de varios produtos. Cando a aplica @ fabricant@ conta coa colaboración d@ distribuidor/a porque é moi eficaz para atraer clientela e incrementar as vendas non só dos produtos promocionados senón dos demais.
Tipo "8 días de ouro"...
Durante un período curto, entre 7 e 15 días, as veces un mes, redúcese o prezo dun conxunto de artigos. Debe abarcar un alto número de referencias que sexan representativas das familias existentes nas seccións. É necesario ofertar produtos atracción e/ou marcas líderes no mercado. Utilízanse distintos slogans como "Semana fantástica", "Oferta aniversario", "O mes de...", etc.
É eficaz para atraer á clientela e incrementa as vendas de varios produtos, ademais de ser un instrumento importante para diferenciarse da competencia. Ten como inconvenientes, que hai que facer unha gran inversión na campaña promocional (publicidade nos medios de comunicación, folletos e catálogos, carteis no punto de venda, etc. É un instrumento típico das grandes superficies, grandes almacéns ou grandes cadeas de distribución.
Programación UD12Índice UD12Glosario UD12Esquema UD12Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas Volver