ACTIVIDADES PARA REALIZAR EN GRUPO (de tres ou catro):
  1 Elixir, dous establecementos de actividades diferentes (distintos para cada grupo) e investigar o gasto que destinan a publicidade
  2 Fotografar as accións para favorecer a compra por impulso que observedes nos puntos de venda elixidos.
  3 Traer a clase periódicos e revistas (locais, autonómicas, estatais), observar o tipo de anuncios que hai inxeridos nas súas páxinas e indicar o radio de acción dos establecementos ou das empresas que os publicitan.
  4 Anotar o tipo de publicidade sonora que haxa nos establecementos visitados, incluíndo o anuncio verbal que se indique.
  5 Fotografar nos establecementos visitados a publicidade audiovisual que haxa no punto de venda.
  6 Fotografar cada un dos medios internos/impresos (cartel, stop, papel, pancarta, calcomanías e adhesivos, displays, reprodución anuncios, frontal, móbiles, banderolas e PLV en carros) que atopedes nos establecementos visitados ou calquera outro que non figure e analizala dende o punto de vista da mensaxe utilizada.
  7 Igual que o anterior, pero para medios internos/expositores (expositores, postos internos/externos, prolongador de andeis) ou calquera outro medio que non se viran.
  8 Anotar a publicidade de tipo sexista que atopedes.
  9 Realizar unha páxina web, pequena, dun establecemento comercial, co obxectivo de dar a coñecer a súa imaxe e os seus produtos.
 
ACTIVIDADES PARA DEBATER NA AULA:
  1 Cara representant@ do grupo exporá na aula o traballo das visitas realizadas.
  2 Analizarase a información e tomaranse unhas conclusións que cada grupo escribirá e entregará á profesora, incluíndo as fotografías tomadas nos establecementos como apoio dos argumentos.
  3 Unha vez feito o anterior, pasaremos a realizar en grupo unha pequena páxina web, utilizando para iso o propio programa Word.
 
ACTIVIDADES PARA REALIZAR INDIVIDUALMENTE:

Programacion aula UD11Índice UD11Glosario UD11Esquema UD11Actividades apoioActividades reforzoActividades avanzadas