U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Libre servizo > Tendas de conveniencia e "Drugstore"

Estas tendas están abertas todos os días do ano durante 24 horas, ou na súa maior parte.

Son establecementos de proximidade cun surtido amplo, no caso dos Drugstore inclúen bar ou restaurante.

Os seus prezos son altos como consecuencia dos gastos xerados, especialmente os de persoal especializado e con xornada nocturna.

Considéranse tendas de conveniencia as tendas das gasolineiras, por abrir tamén en horario nocturno.

Exemplos en Galiza hai varios:

En Galiza nos últimos anos, ademais das tendas das gasolineiras, comezaron a abrirse distintos tipos de tendas de 24 horas, entre outras "La Tienda" en Pontevedra ou "Oupencor", pertencente ao grupo "El Corte Inglés".

 

ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver