U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Libre servizo> Para saber máis
 
 

Algúns autores fan unha clasificación diferente dos sistemas de venda: Tradicionais, Libre servizo ou autoservizo e mixto. Este último, o sistema mixto, sería un novo sistema de venda que ten a súa orixe na evolución do comercio tradicional, dando como resultado un estilo híbrido que estaría entre o sistema tradicional e o de autoservizo.

O comercio mixto, pódese definir como aquel establecemento comercial onde ó consumidor ou consumidora para rematar a compra, ten necesidade de recorrer ó vendedor ou vendedora. É dicir, o comercio mixto dispón de vendedores e vendedoras. Algunhas veces este sistema achégase máis ó sistema de venda tradicional e outras veces ó sistema de autoservizo.

Un exemplo claro de comercio mixto é un gran almacén, por exemplo O Corte Inglés. Este establecemento está máis cerca do sistema de venda de autoservizo que do sistema de venda tradicional, porque, por un lado os produtos están ó alcance dos consumidores e consumidoras que poden elixir un produto que estea exposto en algún dos mobles expositores e pagalo na caixa da sección, sen máis ou, por outro, poden chamar a un vendedor ou a unha vendedora para que @ oriente ou lle aconselle na súa compra.

Outro exemplo dun comercio mixto, podería ser unha zapataría. Calquera zapataría que teña expostos os seus produtos a disposición da clientela, pero onde só hai o zapato do pe esquerdo ou do dereito. Cando @ client@ decide mercar os zapatos, ten que chamar o vendedor ou a vendedora para rematar a compra, xa que necesitas que che traiga o outro par. Neste caso, este comercio, de sistema mixto, estaría máis cerca do sistema tradicional que do autoservizo.

 

 
 
ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver