U.D. 2: DISTRIBUCIÓN >Sistemas de venda > Libre servizo > Pequenos Establecementos Especializados

Normalmente sobreviven á sombra das grandes superficies, sobre todo dos grandes almacéns (Por exemplo, El Corte Inglés, aluga espazo nos seus Grandes Almacéns ás distintas marcas, ou locais nos seus centros comerciais como Hipercor) ou baixo o teito dos novos centros comerciais.

Caracterízanse porque o seu surtido é moi extenso e complementario de liñas e gamas que non están cubertas polas grandes superficies, nin por outras tendas da proximidade. A venda que practican é asistida, onde @s dependent@s son técnic@s na especialidade e saben aconsellar. Por exemplo, observar como o grupo do Corte Inglés está creando tendas especializadas fora dos seu almacéns (tendas en informática, en mobiliario de cociña, etc.).
 
Segundo a súa organización xurídica e económica son :
Comercio independente Propietari@ individual que realiza a súa actividade de forma autónoma
Comercio asociado
Pode ser cadea voluntaria (agrupación de comercio polo miúdo que utilizan un único rótulo), contrato de filiación (onde unha cadea integrada autoriza a utilización do seu rótulo a comerciantes polo miúdo baixo determinadas condicións), cooperativas de comercio polo miúdo (agrupación de comerciantes para realizar as compras en común) e franquicia (acordo entre dúas empresas para explotar unha marca ou fórmula comercial mediante contrato e pagamento.
Comercio integrado
Empresa que inclúe as funcións de comercio polo xunto e comercio polo miúdo.
Cooperativa de consumo
Persoas individuais asociadas para mercar e vender produtos e servizos.
ProgramaciónÍndiceGlosarioEsquema Volver